SALTAPLANETAS

27-02-2017

A FAD lanza un xogo en liña para previr o consumo de alcol en adolescentes

A FAD e a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, coa colaboración da Fundación Reina Sofía, puxeron en marcha en toda España a xincana virtual Saltaplanetas, un programa para previr os posibles problemas relacionados cos consumos de alcol en adolescentes de 12 a 14 anos. Saltaplanetas consiste na realización -a través de Internet- dunha actividade que expón unha serie de xogos relacionados entre si, coa finalidade de facilitar momentos de reflexión en torno ao consumo de alcol. A inscrición é gratuíta e realizarase exclusivamente a través da páxina web www.saltaplanetas.org. O prazo para participar finaliza o 19 de maio de 2017.

sin-t--tulo-sida

30-11-2016

1 de decembro de 2016: Día Mundial da SIDA

Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

Este evento brinda a todos os/as copartícipes, tanto públicos como privados, unha das máis oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

sin-t--tulo_1

04-11-2016

Cea Benéfica

A Asociación Renacer celebrará o vindeiro 26 de novembro a súa tradicional Cea Benéfica. O obxectivo da mesma é é recadar fondos para poder continuar co desenvolvemento dos programas e servizos que esta entidade ten en funcionamento posto que, por mor da crise que o noso país vén atravesando nos últimos anos, seguimos sufrindo importantes recortes nas subvencións que percibimos, o que dificulta en gran medida o noso funcionamento.

Cartel informativo

26-10-2016

Ensinando a crecer: Escola de Pais e Nais

A Asociación Antidroga Renacer pon en funcionamento a Escola de Pais/Nais “Ensinando a crecer”, correspondente ó curso 2016/2017. Esta actividade articulase coma un espazo de información, formación e reflexión sobre aspectos relacionados coas funcións parentais.

É un recurso de apoio ás familias con menores para que poidan desenvolver axeitadamente a súas funcións educativas e socializadoras, superar situacións de necesidade e risco, e contribuír a modificación de condutas e a adquisición de pautas saudables de dinámica familiar.