Inhalables

Inhalables

Os inhalables son sustancias que desprenden vapores a temperatura ambiente. Os máis consumidos son os pegamentos e colas, sprays e pinturas, e carburantes. A forma de consumo é mantendo o produto nunha bolsa axustada ós orificios da boca e do nariz para aspirar os vapores.

O consumo de inhalables soe reducirse a grupos de poboación en situación marxinal, sendo consumidor, xeralmente, un neno/adolescente de entre 8 e 14 anos.

O compoñente fundamental de pegamentos e disolventes é o tolueno. Os propelentes máis habituais de sprays e aerosois son os hidrocarburos haloxenados. Outras sustancias inhalables, pero que no son solventes, son o óxido nitroso e os nitritos.

O seu consumo ten graves consecuencias para a saúde, dada a alta toxicidade dos seus compoñentes químicos. A intoxicación é similar á embriaguez alcohólica, cunha primeira fase de estimulación con euforia, sociabilidade, alucinacións e trastornos de conduta que se acompañan de lagrimeo, rinorrea e irritación das vías respiratorias.

Mesturado con alcohol ou outras drogas pode provocar unha grave depresión con confusión, alteracións na visión, perda de autocontrol e incluso alteracións do estado de conciencia, convulsións, estupor e coma.

Tamén pode provocar a morte por causas cardíacas, asfixia ou accidentes producidos baixo os seus efectos; así como deterioro facial e perioral, secuelas neurolóxicas e psiquiátricas, alteracións na vista, etc.

Os inhalables volátiles rexistran prevalencias residuais na poboación de 15 a 64 anos: para ambas as substancias, a porcentaxe que consumiu algunha vez na vida non alcanza o 1% .

Consolídase a tendencia descendente iniciada en 2001 para todos os consumos en ambos os sexos.

inhalables