Quen somos

Quen somos

A Asociación Antidroga Renacer é unha entidade sen ánimo de lucro que se constitúe no ano 1990 a proposta de grupo de nais e persoas interesadas en dar unha resposta ao grave problema sanitario e social do consumo de drogas que naqueles momentos existía, centrado principalmente na heroína.

O ámbito de actuación é local, aínda que algúns dos nosos programas tamén se desenvolven noutros concellos da comarca do Barbanza.

A asociación está inscrita no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas e Consellería de Sanidade e no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

As fontes de financiamento proveñen de subvencións da Consellería de Sanidade, da Deputación Provincial da Coruña, cotas de socios/as, doazóns e da recadación obtida na cea benéfica que se realiza tódolos anos.

Cal é o noso obxectivo?

Informar e sensibilizar á poboación do problema das drogodependencias, e apoiar e asesorar ó/á drogodependente e á súa familia.

Xunta Directiva

A Xunta Directiva da asociación está integrada por presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, vicesecretario/a, tesoureiro/a e vogais.

Equipo Técnico

A Asociación conta cun equipo de profesionais integrado por dúas psicólogas e unha asesora xurídica.

Convenios

A asociación ten firmado un convenio co concello de Riveira para o desenvolvemento do programa de asesoría xurídica na Unidade Asistencial de Drogodependencias.

Premios e Galardóns

  • Certificación de calidade da U.E. (EDDRA) ós programas no ano 2005: "Programa de Atención Xuridico-Social os Drogodependentes", "Programa de prevención do consumo de drogas na escola" e "Programa de prevención das drogodependencias 'Cinensino”.
  • Premio ó traballo desinteresado no ano 2009 concedido polo Concello de Riveira e a Asociación de Amas de Casa.
  • Finalistas no Premio á Acción Maxistral 2010 da F.A.D. pola colaboración no programa “Comenuis Reggio 2010-2011” de intercambio de experiencias en prevención, no que participamos conxuntamente co Servizo Municipal de drogodependencias e os centros de secundaria do Concello de Riveira, para intercambiar experiencias en prevención.
  • Premio Setecarballas 2013, no eido da acción social, concedido pola Fundación Insua dos Poetas.

Máis información