Dubida

Se mantés relacións sexuais con teu mozo en auga salgada por exemplo, (praia) ou en auga doce, (piscina ou bañeira) podes quedar embarazada, hai risco de quedar?

31-01-2016

Se non se emprega método anticonceptivo axeitado hai risco de embarazo, independentemente do lugar onde se teñan relacións sexuais.

Ademais ter sexo na auga supón algunhas limitacións no uso de determinados anticonceptivos. No caso da píldora ou o DIU non supón ningún risco, pero co preservativo poden existir dificultades, xa que o látex pode perder eficiencia polo que se recomenda realizar a penetración fóra da auga.

Tamén está estendida a crenza que a auga do mar ou da piscina pode actuar de lubricante e é falso. Pode provocar irritacións, xa que aínda que esteamos un medio líquido pode aparecer sequidade debido a o fluxo vaxinal pode desaparecer pola auga.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.