quero saber cómo se pon o condón
30-11-2009
Os pasos a seguir á hora de EMPREGAR O PRESERVATIVO MASCULINO son:
- Abrir o preservativo con coidado de non danalo con uñas, aneis e dentes.
- Antes de colocalo, comprobar se o preservativo está ó dereito ou ó revés (isto pódese facer soprando un pouco dentro do preservativo para ver cara a que lado o temos que desenrolar).
- Colocar o preservativo sobre o pene en erección, antes de calquera penetración vaxinal, anal ou oral.
- Premer a punta do depósito do preservativo para expulsar o aire e deixar espazo para o seme.
- Usalo durante toda a penetración. É aconsellable lubricar o preservativo unha vez posto para facilitar a penetración. Moitos xa veñen co lubricante incorporado, pero se non é suficiente pódense comprar nas farmacias, tendo en conta que sexan solubles en auga, xa que os aceites poden estragar o látex do preservativo.
- Despois de exacular, antes de que a erección diminúa, hai que retirar o pene suxeitando o preservativo pola base.
- Comprobar que non se rompeu (enchéndoo de auga ou premendo o depósito), facelle un nó e tiralo ó lixo, nunca ó WC nin á rúa (hai que ter en conta que os preservativos non son biodegradables).
- Usar un novo cada vez que se manteña unha relación sexual e se se cambia de práctica sexual (penetración vaxinal, anal ou oral).
CONSELLOS PARA O USO DO PRESERVATIVO:
- Compralos en farmacias, ou noutros lugares que ofrezan garantía.
- Comprobar que estean en bo estado, a data de caducidade e que estean homologados pola autoridade sanitaria e con marcado da CE.
- Protexelos da calor, a luz e a humidade excesiva (ollo coas carteiras e as guanteiras dos coches, os cambios de temperatura pódenos deteriorar). Polo que, debemos gardalos en lugares frescos e secos.