Porque facedes "corta-pega" na maioria das respostas?

30-09-2015

Moitas das respostas teñen partes iguais por que as cuestións que se plantexan son moi similares e refírense case sempre a un mesmo tema, con algunhas variacións. Por exemplo, se preguntan pola eficacia da píldora esta ten unha determinada eficacia se se emprega de xeito correcto (que é sempre o mesmo) é iso é sempre igual. E se temos unha explicación que consideramos que aclara ben e toca os puntos importantes sobre o tema utilizámola (e así tamén nos aseguramos de dar a mesma información sobre un tema a todas as persoas, e así evitar esquecer determinadas cuestións), iso si, adaptamos o texto en función das inquietudes da persoa que pregunta. De feito, dicirche que nas intervencións persoais tamén soemos facer iso, polas razóns que indicamos antes, iso si é máis fácil variar o discurso por que neste caso hai unha resposta inmediata da outra persoa o que pode modificar a resposta.

Non nos gustaría que pensaras que é falta de interese polas preguntas (todo o contrario, xa que detrás de cada unha hai un persoa que está preocupada e iso para nós merece todo o respecto) senón que tentamos que todas as persoas que pregunten por un tema teñan a mesma información.

Pode ser entón, que a explicación que empregamos non aclare o tema como os pensamos, entón así estaríamos cometendo un erro, pero se non se nos indica que a resposta non satisfai ou non aclara non o podemos saber e non podemos mudala. De feito, en todas as respostas hai sempre unha mesma parte final na que pedimos isto é así se volva a facer unha pregunta.

Pedimos desculpas, se entendiches que empregar parte do texto en máis dunha pregunta era por unha falta de respecto pola nosa parte e mesmo se che pasou a ti. Todo o contrario, temos una gran respecto por todas aquelas persoas que empregan este servizo para expresar as súas inquietudes e por confiar en nós para axudarlles a resolver dificultades que se presentan na súa vida.