Posible embarazo?;(

Ola o día 8 de este mes mantiven relacións co meu mozo e non chegou a exacular e levo 10 días de retraso. Levo dous meses tomando a píldora diaria correctamente e nos días que debería de baixarme o período botei fluxo color marrón como me pasa sempre antes de baixarme, poderei estar embarazada ou o retraso deberase a outro motivo. Contestade rápido porfii:((

30-08-2015

Se a píldora foi tomada correctamente protexe de embarazo non desexado nas relacións sexuais con penetración e con exaculación. Así que non tes motivos para preocuparte, xa que a píldora ten unha eficacia entre o 95 % e 97 %.

O que comentas do sangrado de cor marrón é algo habitual, xa que a píldora muda o ciclo menstrual, de feito o sangrado que se ten no período de descanso é o que se denomina hemorraxia por deprivación e poder ter un aspecto distinto, vólvese dunha cor máis escura e tamén é menos cantidade.

Non tes por que preocuparte, o teu corpo estase a acostumando ós estróxenos, xa que levas pouco tempo tomando a píldora. Se nos meses seguinte segues sen ter sangrados e/ou che aparecen outros síntomas deberías acudir ó medico a facer unha revisión. De todos os xeitos, os primeiros meses é normal que se produzan desaxustes.

Se aínda así, segues preocupada podes realizar un test de embarazo e así estarás máis segura e tranquila.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.