Hola,grazas por poñer a nosa disposición esta páxina.Ahí vai a miña dubida.Cando era maís pequena e me viña a regra non me doía,pero ágora doeme moitisimo a que e debido ?
30-03-2015
Un terzo das mulleres sofre dismenorrea ou regras moi dolorosas. A dor é parecida ao dun retortijón, pero máis intensa e pode chegar a acompañarse de náuseas, vómitos ou mareos. É o médico quen determina o tratamento máis adecuado para cada caso, o cal pode pautar a administración de antiflamatorios, anticonceptivos ou analxésicos.
Os períodos menstruais dolorosos clasifícanse en dous grupos, segundo a causa:
- Dismenorrea primaria
- Dismenorrea secundaria
A dismenorrea primaria refírese á dor menstrual que ocorre máis ou menos cara ao momento cando apenas comezan os períodos menstruais en mulleres sas. Este tipo de dor polo xeral non está relacionada con problemas específicos no útero ou outros órganos pélvicos.
A dismenorrea secundaria é a dor menstrual que se desenvolve posteriormente, en mulleres que tiveron períodos normais e, con frecuencia, está relacionada con problemas no útero ou outros órganos pélvicos, como: ( endometriosis, miomas, dispositivo intrauterino (DIU) feito de cobre, enfermidade inflamatoria pélvica, síndrome premenstrual (SPM), infección de transmisión sexual ou tensión e ansiedade).
Como podes observar ante tal diversidade de causas, a única forma de identificar a causa directa das túas menstruacións dolorosas é acudir a un especialista que determine a mesma; ten en conta tamén que as primeiras menstruacións son máis irregulares e supoñen uns cambios no organismo moi importantes,e as posteriores soen ser máis regulares e o noso organismo xa está máis desenvolvido e adaptado a estes cambios hormonais.
Algúns estudos indican que a dismenorrea pode estar relacionada cun exceso de produción de prostaglandinas (unhas sustancias con funcións similares as dunha hormona que están presentes en moitas sustancias; algunhas das súas funcións son: regular o sistema inmunolóxico; descenso da presión arterial; rexeneración celular; mellorar a transmisión nervosa; regulación dos efectos dos estróxenos e da proxesterona.
A dismenorrea pódena padecer mulleres de calquera idade e a probabilidade de que unha muller teña menstruacións dolorosas aumenta nos seguintes casos:
-Antecedentes familiares de dismenorrea
-Levar unha vida estresante
-Falta de exercicio
-Inxestión de cafeína
-Enfermidade inflamatoria pélvica
As seguintes medidas poden aliviarche a dor mentres non acudas a u especialista:
• Aplicar calor na zona no abdome.
• Beber líquidos quentes.
• Consumir unha alimentación rica en carbohidratos complexos, como froitas e verduras, pero baixa o sal, azucre, alcohol e cafeína.
• Manter as pernas elevadas mentres esteas deitada ou deitarse de lado coas pernas dobradas.
• Practicar técnicas de relaxación como meditación o ioga.
• Tomar duchas ou baños quentes.
• Camiñar ou facer exercicios con regularidade.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.