Ola! Existen unhas píldoras anticonceptivas para que non che veña a regra? Explícome, por exemplo, tomalas para non ter a regra en todo o verán? Grazas.

29-11-2016

Non existen píldoras para tal fin. A píldora é un tratamento hormonal que impide a ovulación na muller, e por tanto o embarazo. A toma da píldora pode diminuír as molestias menstruais e, ademais, regula o ciclo menstrual. Isto fai que o sangrado menstrual sexa menor e mesmo, nalgunhas mulleres pode chegar a desaparecer, xa que o impedir a ovulación non hai menstruación. O sangrado que se ten baixo a píldora é provocado polas hormonas da mesma, ó que se denomina sangrado por deprivación.

Para máis información sobre isto deberías acudir a un medico/a especialista, xa que no mercado existen diversas combinacións de métodos hormonais (anel, DIU hormonal, diversas combinacións de píldoras, … ) e así poder recibir un asesoramento personalizado sobre este tema.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.