¿É normal que soñe continuamente que lle "poño os cornos" á miña moza?

Teño 19 anos e levo 2 anos ca miña moza da mesma idade, só tiven sexo con ela. Moi frecuentemente soño que me deito con outras rapazas, incluso con outras mozas que tiven (pero eu só fixen o amor con ela), e no soño acabo arrepentíndome moito, e cando esperto doume conta de que era un sono e sinto moito alivio. E iso que un nunca lle puxen os cornos, nin moito menos, estamos moi ben. Gustaríame saber si é normal, e si debo preocuparme.

Grazas, un saúdo.

29-11-2012

As fantasías sexuais e soños eróticos é algo normal dentro da vivencia da sexualidade da persoas, e xeralmente producen unha sensación agradable. Pódese fantasiar con todo o que se queira e non quere dicir que nos gustase facer "de verdade" aquilo co que fantasiamos, como ocorre no tu caso.

Que una persoa soñe que ten relación con outras persoas é algo habitual e non significa que desexe a outras persoas, os contidos nas nosas fantasías non dependen dunha maneira consciente de nós.

O que pode estar a ocorrer no teu caso é que eses soños sexan recorrentes por que causan en ti unha sensación desagradable e, ás veces, cando evitamos soñar con algo soemos soñar con iso. Por iso sería importante que non lle deras importancia a eses soños para que así poidan ir desaparecendo.

Unha boa maneira de quitarlle importancia sería que o falaras ca túa parella, xa que parece que en certa maneira, e pódome equivocar, sénteste culpable de “poñerlle os cornos” cando non é así. E ,así, entre os dous crear as vosas propias fantasías dunha maneira positiva e pracenteira.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.