Importante

Ola María , hoxe saín e bebín. Tomei a píldora sobre as 9 da noite e cheguei a casa as 4 da mañá. Sobre as 5 menos algo espertei con ganas de vomitar e vomitei un pouco, case nada, hai posibilidades de que botara a píldora transcorridas 8 horas?

29-08-2015

Pasadas tres/catro horas da toma da píldora non hai risco de expulsala a través do vómito. Ás oito horas xa foi absorbida, polo que non tes motivos para preocuparte.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.