Cal é a mellor idade para ter a primeira relación sexual ?
29-06-2010
Non existe unha idade establecida para a primeira relación sexual, como tampouco existe para comezar a sentir, desexar, desfrutar,...e un montón de cousas que as persoas sentimos e vivimos ó longo da nosa vida.
As persoas temos unha capacidade que aprenderemos a coñecer, gozar, compartir ou vivir individualmente durante toda a nosa vida: a sexualidade. Cada un/ha viviraa en forma individual e única. Cada sensación, cada corpo, cada cheiro ou sentimento é diferente doutro. Cada contacto é novo e por tanto único e diverso. Non hai unha idade ou un momento determinado para compartir a nosa sexualidade. Cada un/ha terá o seu momento, cada un/ha descubrirá como e con quen. Non cho impoñas nin permitas que cho impoñan. É a túa decisión, é o teu corpo, a túa mente e os teus sentimentos. Ti saberás cando estás preparado/a, cando che apetece e cando o desexas realmente. Non te deas présa, goza de cada etapa natural do teu desenvolvemento.
Ademais é algo que debes falar ca parella para coñecer os seus desexos, gustos,... e así poder vivir a sexualidade satisfactoriamente ámbolos dous. Lembrade que a sexualidade non só se centra non órganos xenitais, xa que todo o noso corpo é sexuado o que implica que podemos obter pracer a través de calquera das súas partes. Non é necesario que exista unha relación sexual con penetración para gozar. E aínda mais, se non estas seguro/a pode que a satisfacción non sexa todo o grande que debería e pode provocar que ningunha das persoas se sinta todo o ben que debería e mesmo que algunha delas se sinta realmente mal.
Se decidides ter unha relación sexual con penetración , algúns van algún consellos:
- Buscade un lugar axeitado.
- Non vos cortedes e falade do tema entre vós e tamén, por que non, coa vosa xente.
- Facédeo cando esteades preparados/as.
- Procurade facelo con alguén que che guste ou con quen teñas confianza para contarlle como che sentes en cada momento.
- Non esquezades que penetración non debe ser o obxectivo último.
- Antes da penetración, preparade os vosos corpos, bicos, caricias, masturbación mutua e moita excitación. Todo será máis fácil.
- Non forzar a situación. Aos poucos, con coidado e delicadeza.
- A primeira vez é case imposible que sexa perfecta, poida que perfecta en canto a intimidade ou afecto si, pero na realización non, é algo que require máis práctica.
- Se non se finaliza non pasa nada. Podedes continuar noutro momento.
- E, non vos esquecer do “chuvasqueiro”, xa que é o único método que nos protexe de embarazos non desexados, ITS e VIH-SIDA.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. GRAZAS.