Non me importan as consecuencias , eu so quero saber si eso adelgaza?
29-04-2013
Non hai unha resposta única por que depende de diversos factores, o metabolismo da persoa, o tipo de comida inxerida, …. Xeralmente as persoas que empregan o vomito para adelgazar non conseguen ese propósito, senón que se chegan a manter no seu peso.
No caso, de que exista perda de peso non se mantén no tempo, xa que á hora de facer unha dieta tentase que o nos organismo se habitúe a alimentos máis saudables e que exista un equilibrio entre o noso corpo necesita para funcionar e o que inxerimos. No teu caso, o teu corpo vai reaccionar negativamente por que non lle estás a portar o organismo o que necesita para funcionar con normalidade.
Se desexas diminuír o teu peso deberías acudir a un especialista que che recomendará a dieta axeita para ti e realizarache os controis médicos necesarios, para non poñer en risco a túa saúde, xa que empregar o vómito para adelgazar é algo prexudicial para a túa saúde, xa que este ten consecuencias graves no organismo, tales como: deshidratación, desnutrición, refluxo, carie, problemas para tragar a comida, esterilidade, depresión, …
Sería recomendable, que falases con alguén do teu entorno do que che está a pasar senón podes poñerte connosco, por que consideramos que a situación pola que podes estar pasando pode ter outras complicacións negativas na túa vida. Se queres poñerte en contacto connosco podes facelo a través do correo electrónico (renacer@asociacion-renacer.org), chamando para concertar unha cita (981 87 40 86) ou, se queres podes facilitarnos un número (por esta vía, por exemplo) para poder poñernos en contacto contigo, sempre garantindo o teu anonimato.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.