Teño unha dor testicular, son varón de 14 anos, debo acudir ó médico?. Dáme vergoña e teño medo de que sexa algo malo.

29-01-2015

Antes de nada pedir desculpas pola tardanza, pero non foi posible contestar antes.

O máis importante é non ocultalo por vergoña ou outras razóns, porque nalgúns casos o tempo pode ser fundamental. Se che ocorreu na casa , coméntallo aos teus pais; ou as persoas de confianza e se a dor non mellorou debes acudir ó medico/a para saber cal é acusa desa dor.

A modo informativo, comentarche que unha das causas máis frecuentes de dor testicular, sobre todo en adolescentes, son os golpes, que con moita frecuencia prodúcense facendo deporte. Calquera adolescente ou adulto home sufriu, nalgunha ocasión, algún golpe nos testículos. É unha experiencia que uno non querería volver repetir. Como os testículos atópanse aloxados nunha bolsa, o escroto, que colga, non están protexidos por ósos ou músculos, o que lles fai moi vulnerables a calquera golpe ou traumatismo. Pero esa falta de fixación e o feito de que non sexan algo ríxido, permítelles absorber algo da forza do golpe e evitar males maiores.

Outra causa, que se presenta de maneira brusca, é a torsión testicular, que é relativamente frecuente entre os 12 e os 18 anos. Prodúcese porque o testículo, que é móbil dentro da bolsa que o contén, o escroto, atópase suxeito no seu parte superior por un pedículo, unha especie de cable que leva, entre outras cousas, o sangue ao mesmo. En ocasións, o testículo vira sobre si mesmo e produce unha torsión dese cable do que colga, o que provoca que non poida chegar o sangue, dando lugar a un proceso daniño para o testículo. Non se coñece ben o motivo, pero sábese que o desencadeamento da torsión pode ser un golpe ou o exercicio vigoroso, aínda que pode producirse mentres un está a durmir.

Nalgunhas ocasións, a causa da dor pode ser unha infección que provoca unha inflamación do testículo que pode ir acompañada de febre e que se coñece como orquiepididimite, algunhas veces asociada ás papeiras.

É importante que o consultes pronto, para descartar posibles causas e no caso de que sexa torsión testicular ou infección comezar canto antes co tratamento.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.