Qué perigos de contaxio de enfermidades venéreas existen nas relacións sexuais entre dúas mozas?
28-12-2010
As denominadas enfermidades venéreas ou Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) son infeccións que xeralmente se adquiren a través de prácticas sexuais cunha persoa infectada. Outras ITS non se adquiren necesariamente a través da relacións sexuais, pero poden transmitirse por ese medio á parella.
Nas relacións sexuais entre mulleres existe un concepto equivocado sobre o risco de transmisión de ITS, pensase que apenas teñen risco debido que asociamos as ITS á penetración e esquecemos que están causadas por organismos que viven en diferentes fluídos corporais, como poden ser a sangue, as secrecións vaxinais e o seme e través destes poden pasar dunhas persoas a outras con outras prácticas diferentes, tales como o sexo oral ou por frotar as vaxinas. Ademais poden afectarnos repetidamente xa que non xeran inmunidade e non hai vacina contra elas.
O risco de contaxio varía enormemente dependendo do tipo de ITS, por exemplo as infeccións de herpes xenital, virus de papiloma humano e as vaxinites bacterianas son facilmente transmisibles nunha relación sexual entre mulleres e noutras, e aínda que o risco é baixo está presente. Ademais, pode ocorrer que mulleres que teñen relacións con mulleres puideron ter relacións sexuais con homes e as algunhas ITS son máis facilmente transmisibles dos homes as mulleres.
Moitas veces as ITS non teñen síntomas ou poder pasar inadvertidos, polo que é posible vivir cunha ITS sen que a persoa se dea conta, por iso é importante que coñezamos os nosos óranos xenitais e así poder saber se houbo algún cambio que nos poida facer sospeitar dun contaxio. Os síntomas máis frecuentes, nas mulleres, que deben facer pensar que puido contraer unha ITS son:
- Fluxo anormal na vaxina con ou sen cheiro desagradable.
- Ulceras, ronchas, verrugas ou ampolas cerca dos xenitais, ano ou boca.
- Inflamación dun ou máis ganglios cerca á úlcera.
- Dor na zona pélvica.
- Prurito ó redor dos xenitais.
- Ardor ó ouriñar ou defecar.
- Sangrado pola vaxina sen que sexa pola menstruación ou tras unha relación sexual.
- Dor na vaxina durante as relacións sexuais, de aparición repentina.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.