Preocupación

Ola María, son a que che informou fai uns días que levo como 5 ou 6 caixas da píldora diaria e a caixa pasada só manchei en plan marrón e manchas mínimas. E agora xa me queda unha semana para rematar a seguinte caixa e dóeme moito os peitos. Eu tomo a píldora todos os días e tómoa sempre ás 8 pero hoxe quedeime durmida e tomeina ás 9:15 iso é malo?. As dores dos peitos poden ser síntoma de embarazo?, e que tamén me doen algo os pezóns.

28-08-2014

Como xa che comentei anteriormente que o aspecto da regra cambie (se volva dunha cor máis escura) e diminúa a cantidade e chegue mesmo a desaparecer é normal, polo efecto das hormonas da píldora anticonceptiva.

A píldora debese tomar todos os días á mesma hora, aproximadamente, non ocorre nada se a tomas hora arriba ou hora abaixo. Esta recomendación é tamén para que adquiramos o hábito de tomala todos os días, e se o facemos a horas distintas e moito máis difícil adquirir a costume.

En canto a dor que refires no peito e nos pezóns pode ser que debido a que un dos efectos secundarios máis comúns é o aumento da sensibilidade das mamas. De todos os xeitos deberías acudir ó médico a facer unha revisión xinecolóxica, para descartar que non exista algunha outra causa.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.