Teño unha pregunta... Quero saber se podo chegar a quedar embarazada tendo relacións sexuais uns días antes da miña menstruación.
Finalmente tiven a menstruación normal e que non sei se estou embarazada, sáeme leite dos peitos.
28-05-2013
Calquera día do mes no que se manteña unha relación, aínda que sexa unha soa relación con penetración sen empregar un método anticonceptivo ou utilizalo de forma incorrecta unha moza pode quedar embarazada. Por tanto, é importante que sempre, en todas as relacións sexuais con penetración, independentemente do momento do mes, empregues algún método anticonceptivo. Lembra, que o preservativo é o único método que non prevén de ITS, VIH-SIDA e de embarazo non desexado.
En calquera momento do ciclo menstrual podemos estar ovulando, mesmo durante a regra, xa que este pódese ver afectado por múltiples circunstancias (estres, cambios na alimentación,..), sendo moi difícil saber cando estamos a ovular, sobre todo en rapazas novas onde os ciclos son moi irregulares
Para unha maior seguridade sería recomendable facer una proba de embarazo: pódese facer no médico/a de familia, comprando un test na farmacia (aínda que depende da marca o seu prezo pode rondar os 10 €).
En relación a saída de leite/soro polos senos (galactorrea) as causas poden ser hormonais, como cando soben os niveis dunha hormona chamada prolactina ou nalgúns casos ó hipotiroidismo. Tamén se relaciona ca toma de certos medicamentos, moito estímulo no pezón ou a causas que radican na mama mesma.
Sería recomendable que acudises a un especialista para comentarlle o teu caso e para que che proporcione a información máis concreta e poidas realizar os exames médicos correspondentes.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.