Ola, o meu mozo quere sexo pero eu non estou seguro de elo. Que fago?
28-01-2010
Deberías dicirlle a el o que estás a sentir, xa que nunha relación de parella algo fundamental é a comunicación e coñecer a outra persoa, os seus gustos, desexos, ... para así poder gozar e compartir o que vos gusta, e a sexualidade non é unha excepción.
Imaxínate por exemplo, que a el lle guste un montón esquiar e ti nunca o fixeras e non sabes moi ben se che pode gustar, ¿plantaríaste coller os esquís e tirarte por unha pista?. De seguro que non, pouco a pouco irías aprendendo a poñer os esquís, coller os bastóns e de seguro que el estaría alí contigo ata que te sentirás segura para facelo. E, ese camiño de aprendizaxe sería moi enriquecedor e satisfactorio para os dous. Pois ben, aínda que as relacións sexuais non son como esquiar, si que entre os dous podedes ir aprendendo xuntos a satisfacer os vosos sentimentos, desexos, gustos,... da man un co outro/a, percorrendo xuntos o camiño.
Ademais, lembra que a sexualidade non só se centra non órganos xenitais, xa que todo o noso corpo é sexuado o que implica que podemos obter pracer a través de calquera das súas partes. Non é necesario que exista unha relación sexual con penetración para gozar. E aínda mais, se non estas seguro/a pode que a satisfacción non sexa todo o grande que debería e pode provocar que ningunha das persoas se sinta todo o ben que debería e mesmo que algunha delas se sinta realmente mal.
Cada persoa vive a sexualidade dun xeito diferente e por iso é moi importante saber cales son realmente os teus desexos: os sexuais, os afectivos, todos e cada un. Sabéndoo, podes satisfacelos e, se non o sabes, podes satisfacer os doutras persoas, pero isto non te fai sentir ben... e, non o esquezas, tes todo o dereito a sentirte moi ben. Tes dereito practicar o sexo se queres facelo, e a non practicalo se non queres... aínda que a outra persoa queira. Por suposto, tamén tes dereito a elixir o tipo de prácticas que desexas e que máis che gustan... así que, xa sabes, é importante para ti que digas "si" ou "non" cando queiras. Por iso cando tes unha parella a moi importante falar, ir coñecendo a outra persoa, ó seu corpo, .... para así descubrir entre os dous como vivila satisfactoriamente.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. GRAZAS.