Duda

Fai unha semana tiven un aborto voluntario, e queria saber que pasaria si agora tivera relacions sin proteccion e pasara algo, poderia tomar a pastilla do dia seguinte? Ou pasaria algo ?

27-07-2019

A fertilidade logo dun aborto recupérase bastante rápido. O inicio do novo ciclo menstrual tras unha interrupción voluntaria do embarazo, retrásase un pouco, por iso a primeira regra logo dun aborto soe aparecer entre 25 ou 50 días despois en vez dos 28 días habituais.

O corpo ten que recoñecer que xa non estás embarazada para poñer en marcha de novo todos os procesos que darán lugar a unha nova menstruación.

Por iso, a partires de que rematen as dúas semanas de restricción de non ter relacións sexuais con penetración vaxinal, debes empregar un método anticonceptivo.

Con respecto a tomar a pastilla do día despois, non habería ningún inconvinte. Ainda que nós aconsellamos que tomedes SEMPRE as precaucións cos métodos de barreira que permiten previr as enfermedades de transmisión sexual e os embarazos non desexados, lembrade que o único método capaz de previr ambas cousas (embarazo e ETS) é o preservativo.