Hola

La regla no me da venido, ¿empezaré con las pastillas anticonceptivas para asegurarme de que me viene este mes?

27-07-2016

Non me dis de canto é o retraso nin si habitualmente tomas anticonceptivos. En caso de que os tomes debes ter en conta que, cando se toman anticonceptivos hormonais, a regra adoita ser mais escasa porque un dos efectos que teñen as pastillas é que diminuen o grosor do endometrio. Polo tanto, si este é o primeiro mes que che ocorre, sigue tomando as pastillas de forma normal e, si no seguinte descanso non che baixa nada, acude o teu médico para que faga una valoración.

 

En todo caso si mantiveches relacións sexuais, e para saír de dúbidas, tamén podes realizar un test de embarazo.

 

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco. Grazas.