Pregunta

Que métodos abortivos existen a parte da píldora do día despois?

27-07-2015

Antes de nada aclarar que o tratamento poscoital impide a ovulación se esta non se produciu, impide que o óvulo aniñe no útero no caso de que fora fecundado. Obviamente, desta maneira impídese que comece ou embarazo. Polo que, NON É UN TRATAMENTO ABORTIVO. Segundo a definición da Organización Mundial da Saúde asumida pola comunidade científica internacional "o embarazo comeza no momento de implantación no endometrio (paredes do útero) do óvulo fecundado". E o tratamento poscoital actúa con anterioridade ó embarazo.

Na anticoncepción de emerxencia ademais da coñecida como pílula poscoital tamén existen outros dous métodos que se poden empregar se transcorreron máis de 72 horas dende a situación de risco (prazo no que é eficaz a mesma), son o DIU poscoital e outra píldora de emerxencia (cuxa composición en lugar de ser levonoxestrel é acetato de ulipristal). Ámbolos dous métodos deben ser prescritos por persoal cualificado, polo que se debe de acudir ó centro de saúde ou a un centro de planificación, o máis preto á nosa comarca atópase en Santiago, onde especialistas che poden asesorar e informarche sobre o proceso (Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572). A atención é gratuíta e tamén anónima.

Estes débense empregar ata as 120 horas despois da situación con posibilidade de embarazo (aínda que o indicado é tamén tomala canto antes).

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.