¿Hai que ser maior de idade para facer a proba anónima do VIH?
¿Hai que ser maior de idade para facer a proba anónima do VIH?
27-06-2017
A proba rápida en fluído ral está destinada a persoas de 16 anos en diante con prácticas de risco para contraer o VIH, como poden ser:
- Os homes que teñen sexo con homes (HSH) e que non usaron preservativo.
- As persoas heterosexuais que teñen múltiples parellas sexuais e non usaron preservativo.
- As persoas que exercen a prostitución e os seus clientes se non usaron preservativo.
- As persoas que compartiron xiringas e outros materias para inxectarse drogas.
Podes pedir información sobre a proba no noso local social (rúa Agustín Fernández Oujo, 15A – Ent. - Riveira – A Coruña), no teléfono: 981 874 086, no correo electrónico: renacer@asociacion-renacer.org ou web.
A proba é anónima e gratuíta. Realízase sobre unha mostra de fluído oral e, nun prazo de 15 a 30 minutos, ofrece un primeiro resultado que deberá ser confirmado, posteriormente, cunha proba diagnóstica de laboratorio. Para a realización da proba é necesario pedir cita previa (en horario de mañá).