Duda

Esta semana me hice un tatuaje, pero estoy embarazada y no lo sabia..Es perjudicial o puede pasar algo?

27-05-2019

Nun principio non hai ningún inconvinte que impida facelo, ainda que se recomenda non tatuarse no primeiro trimestre, xa que son as semanas máis críticas para o desarrollo do feto e hai que tomar especial precaución con todos os fármacos e medicamentos.

Sen ambargo, a tinta queda na pel e como moito pasa a epidermis, pero nunca entra no sangue e polo tanto non pode contaminar ó feto.

A única complicación pode ser a posibilidade de contraer algunha infección, como a hepatite risco que imaxino non correrías asegurándote das seguintes cuestións:

  • o profesional estivera acreditado para facelo
  • empregara guantes
  • empregara material esterilizado
  • empregara agullas novas e dun só uso
  • a tinta empregada nun envase estéril e sen abrir

De tódolos xeitos, aconsellámoste que acudas ó teu médico/a e lle comentes a túa preocupación, xa que coas analíticas pertinentes podes asegurar o teu óptimo estado de saúde.