Dudaaaaaa

María fun ao médico para que me receitara as pastillas anticonceptivas e este mandoume a matrona, esta vaime mandar facer un exame de sangue? E que mo dixeron e dáme medo.

27-05-2016

Á hora de comezar a tomar a píldora anticonceptiva non todas as mulleres toleran a mesma molécula, as mesmas doses ou reaccionan igual. Polo que é necesario individualizar a prescrición en función das características da muller e isto só o pode realizar o/a profesional sanitario. O protocolo sanitario da Consellería de Sanidade establece que o consello anticonceptivo é responsabilidade da matrona.

O uso destes métodos, requiren un control previo e unha supervisión posterior pasado xa un tempo desde a primeira toma de anticonceptivo. Digamos, que é unha rutina de seguimento.

En canto ao control previo, o que se busca con este é atopar posibles factores de risco a base de exploracións, anamneses (historial clínico) e unha análise de sangue.

Esta análise, aínda que che dea medo é necesaria para evitar futuros problemas. Debela afrontar como unha análise sangue rutinaria.

Tratase de que prescrición da píldora sexa algo seguro para a muller posto que, ademais de coñecerse o seu perfil clínico, é posible adaptarse a unha molécula e doses determinadas segundo o criterio e a valoración previa, diminuíndo moito os riscos e o malestar inicial cando se empeza cun tratamento que non é o adecuado.

En canto ó medo a análise de sangue, supoñemos que é polo pinchazo, algúns consellos son:

- Fala ca persoa responsable de realizala, a expresión e a conexión axudan a tranquilizarnos.

- Tenta non pensar na agulla ou no pinchazo, pensa noutra cousa que sexa agradable, seguro que tes un montón de alternativas.

- Non mires, mira cara outro lado.

- Recorda respirar lenta e profundamente, concéntrate en manter a respiración. Unha respiración lenta e constante calmarache e daralle a túa mente algo con que distraerte.

- Lembra, que só é unha cuestión de segundos e que é importante para a túa saúde.

- Recorre o teu “eu” máis optimista.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.