O uso da píldora do día despois é efectivo ó 100 %?

27-04-2016

Non, a píldora do día despois non efectiva ó cen por cen. Ademais, inflúe moito o momento no que se tome, debe tomarse nas 72 horas posteriores tras unha relación sexual de risco. Durante ese período, o medicamento pode previr un embarazo non desexado. Con todo, para obter unha maior eficacia, o tratamento debe iniciarse canto antes despois de manter relacións sexuais sen protección. Nas 24 horas posteriores ao coito de risco, a eficacia é do 95%, unha porcentaxe que vai diminuíndo co paso do tempo, xa que nas 48 horas é de 85% e ás 72 é dun 58%.

Ademais, no prospecto do produto indícase que existen certos medicamentos que poderían interferir na eficacia da pílula se se están tomando simultaneamente. Nesta lista de fármacos que poderían reducir a eficacia da poscoital destacan os barbitúricos, anticonvulsivos, algúns antibióticos (como a rifabutina), antirretrovirais (ritonavir) ou plantas medicinais como a popular herba de San Juan.

Importante: Se transcorreron máis de 72 horas (tres días) dende que se produciu o coito sen protección, non se debne emprega as pílulas postcoitais. Débese acudir ó centro de saúde, para que persoal cualificado asesore e valorar as posibles opcións.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.