de que dependen as posibilidades de embarazo si se usou condon e non furou?

27-04-2015

Cando se trata de previr un embarazo non desexado, o preservativo é un dos métodos máis recomendados cun 97% de éxito, ademais é o único que pode axudarnos a evitar o contaxio de enfermidades de transmisión sexual, contando cun 95% de eficacia. Pero entón por que fallan os condóns? Os fallos dos preservativos son, na maioría dos casos, producidos por erros cometidos polos usuarios.

Na pregunta que nos formulas non nos especificas nada máis que “o preservativo non chegou a romper”, pero non sabemos si o puxéstedes correctamente dende o inicio da relación ou se pola contra o empregástedes logo de ter contactos previos antes de exacular; non debedes esquecer que antes de que se produza a exaculación o líquido preseminal tamén contén espermatozoides que poden fecundar un óvulo.

A continuación déixote unha pequena relación de recomendacións no emprego do preservativo para que os teñas en conta:

 

  • A forma na que se gardan os condóns, a humidade e a calor excesiva á que poden estar sometidos poden volver fráxil o látex e facer que este perda efectividade. Os preservativos deben gardarse nun sitio seco e fresco e revisando sempre a data de caducidade do produto(aparece sempre no envoltorio). Comproba que no envoltorio está impreso o rexistro da CE, iso verifica que está homologado sanitariamente.
  • Manipula o preservativo coas xemas dos dedos. Nunca abras o envoltorio coa boca, coas uñas, tesoiras ou materiais cortantes ou punzantes. Ábreo por un lateral e retira o preservativo do envoltorio cos dedos.
  • Comproba que o condón non estea do revés. Na punta debe quedar una burbulla de aire, si a punta queda aplanada ou engurrada é que o preservativo está ao revés. Un bo truco é soprar dentro do condón, así verás mellor a dirección cara a que se vai desenrolar.
  • Debes poñer o preservativo de forma adecuada, do contrario podería deslizarse correndo o risco de que non reteña o semen correctamente, cando se coloca hai que ter coidado de que non quede aire na punta, xa que esta punta é o depósito seminal.
  • Por outra banda, os condóns teñen tallas, isto non é unha casualidade. Un rapaz co pene grande debe empregar un preservativo para o seu tamaño, do contrario arríscase a que o condón se saia ou deslice.
  • Ó finalizalo coito sempre debes retiralo condón mentres o pene aínda estea erecto, do contrario o semen podería deslizarse entrando na vaxina da túa compañeira. Este erro é moi frecuente sendo unha das razóns polas que o preservativo diminúe a súa eficacia.

Agardamos que a resposta axude a resolver as túas dúbidas de non ser así non dubides en poñerte de novo en contacto con nós.

Grazas.