Cando me masturbo sinto unha dor na cabeza moi forte. Que pode ser? Que fago?

27-01-2013

Ca información que nos facilitas é difícil dar unha resposta precisa, por que a dor de cabeza pode estar ou non relacionada ca masturbación.

Unha posible causa pode ser que por un estado de nerviosismo ou tensión, como nos pode ocorrer noutras situacións da vida cotiá, nos doia a cabeza. Sería recomendable que te fixaras que ocorre cando te masturbas: cal é o grado de tensión, esforzo físico, estres,… ou outros factores que poidan facer que apareza a dor de cabeza; e así poder identificalos para que non inflúan negativamente na experiencia e poder desfrutala.

Sen embargo, se consideras que este non é teu caso deberías acudir ao médico para que analizara máis en profundidade a túa situación.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.