saber si un neno toma algo de droga?
hola, teño un sobriño de 17 anos que esta fora de lugar, non quiso estudiar, faixe o enfermo para non ir traballar,e faltalle o respecto na casa a familia, eu case diria que a nai sa lle ten medo, poderia saber si e algo de drogas ou si ten algun problema,vos aqui teriades algun psicólogo para falar con el?
gracias un saludo
26-11-2009
Ante todo grazas a ti por confiar en nós para que poidamos aconsellarche e mesmo axudarche.
Na Asociación contamos con dúas psicólogas e ademais traballamos en colaboración co Servizo Municipal de Drogodependencias do concello, así que non teriamos ningún problema (de feito forma parte da nosa labor) en concertar unha cita contigo e/ou o teu sobriño.
Sería preferible que primeiro viñeras ti para darnos máis información sobre a situación, xa que ás veces os cambios de conduta dun rapaz/a poden vir dados por múltiples razóns e non sempre que un mozo/a cambia o sei comportamento é debido a un consumo de sustancias. Logo de analizar a situación poderíamos concertar outra cita co teu sobriño e/ou cos seus pais.
Non dubides en chamarnos (981 87 40 86) para concertar unha cita e así poder empezar a traballar. O noso horario é de 9:00 e 14:00 horas.
De todos os xeitos, se desexas información sobre como actuar ante a sospeita dun posible consumo de sustancias-drogas, podela atopar nesta mesma páxina: