Tes que ir acompañada polos teus pais ao xinecólogo se es menor de idade?
26-09-2013
Non é necesario que os teus pais che acompañen a unha consulta médica, só sería necesario á súa autorización para casos de intervencións médicas (vai depender da idade do/a menor e do tipo de intervención).
Á hora de pedir cita para acudir á consulta de xinecoloxía primeiro deberás acudir ó teu médico/a de cabeceira, será quen che derive mediante unha interconsulta. O protocolo de actuación do servizo galego de saúde indica que o médico/a de cabeceira só derivará a xinecoloxía se a muller presenta algún síntoma ou algunha patoloxía, se está asintomática derivará a matrona, que será a encargada de facer a revisión.
No caso de que exista sospeita de embarazo o médico/a fará un test de embarazo e se resulta positivo fará unha interconsulta ó servizo de xinecoloxía ou ó centro de planificación familiar, segundo as circunstancias/necesidades da paciente.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.