Dúbida importante
Boas, levo tomando a píldora diaria un par de meses e hoxe acabei a semana de descanso e aínda no me baixou a regra. O día 8 o meu mozo meteume o pene uns segundos pero non chegou a exacular, eu tomo a píldora sempre sobre as 10 da noite e non de me olvidou ningunha e non tiven vómitos ou diarreas.
Preocúpame moito que non me baixe a regra, levo uns días cos síntomas premenstruais como todos os meses pero non baixa, poderá ser un desaxuste hormonal ou poderei estar embarazada, contestade o mais rápido posible por favor.Grazas de antemán.
31-08-2015
Nun principio é o que denominas como desaxuste hormonal, a píldora muda os ciclos podendo chegar a desaparecer o sangrado menstrual xa que comentas que tomaches a píldora de xeito correcto e a práctica que comentas ten un risco mínimo.
De todos os xeitos, se segues preocupada podes realizar un test de embarazo e así estarás máis segura e tranquila.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.