Regra
Ola, tomo a píldora anticonceptiva desde fai dous meses. Teño ciclos irregulares e agora estou na semana de descanso e aínda non me baixou ,teño todos os síntomas da regra, poderei estar embarazada?;(
26-08-2015
A píldora anticonceptiva muda os sangrados mentruais, tanto na cantidade (redúcese e mesmo pode non aparecer) como no seu aspecto (volvese de cor máis escura). Ademais se fai pouco que comezaches a empregar a píldora aínda non sabes como reacciona o teu corpo ante ela.
O retraso que mencionas non ter por que ser debido a un embarazo non desexado se tomaches a pílula de xeito correcto: débese tomar todos os días á mesma hora e se existen diarreas ou vómitos nas catro horas seguintes deberase tomar outra pastilla. Ademais determinados antibióticos poden reducir a eficacia da pílula, polo que se chos recitan debese informar ó médico/a.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.