Dubida
Xa pero os estudos que hay sobre si existe esperma no liquido preseminal din que solo se encontraron und miles de zoides por ml e a maioria estaba morto ou sen movilidad enton eso reduce moitisimo as posibilidades de que se dea un embarazo sen exaculacion son casi nulas e nun suposto que lein en internet dicia qe un sujeto con infertibilidad severa e aquel que ten 5.000.000 m de espermios por ml e as posibilidades de qe embarace a sua parexa son de 1,25% co sua exaculacion enton aproximadamente o porcentaxe de que un home embarace a sua parexa sen exaculacion e orinando entre exaculacions (eliminando restos de esperma na uretra) cal seria?
26-05-2015
Nas túas preguntas danos a impresión que o que buscas e reafirmarte a ti mesmo/a que aínda que non empreges métodos anticonceptivos, e poñendo en marcha todo o que ti comentas as posibilidades de embarazo non desexado son moi escasas. E no único que incides agora e que che deamos unha porcentaxe ; pois ben sentimos dicirche que nós ese tipo de datos non podemos proporcionarcho, xa que somos un equipo de psicólogas, non un equipo de xenetistas nin especialistas en fertilidade.
Nós só queremos incidir unha vez máis na gran importancia de manter relacións sexuais con todas as precaucións necesarias, para evitar a aparición de embarazos non desexados e outras enfermidades de transmisión sexual.
Ah! E aínda supoñendo que esa porcentaxe se reducira ao 0,000001% paga a pena arriscar?
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.