Pode quedar embarazada coa píldora do día despois?

Mantendo relacións con penetración coa miña moza fallounos o preservativo (rompeu). Foi antes da exaculación e ela tomou a píldora do dia despois pasada apenas 3 horas despois do coito, que posibilidades ten de ter un embarazo non desexado? (a píldora é a primeira vez que a toma).

25-11-2013

A eficacia vai depender do momento do ciclo menstrual no que se atope a muller e do lapso de tempo dende a práctica sexual ata a súa toma. Débese tomar dentro das 72 horas (3 días) seguintes á relación de risco, tendo en conta que a eficacia vai diminuíndo a medida que van avanzando as 72 horas; canto antes de tome o tratamento, máis efectivo é.

Tamén hai que ter en conta se se tomou correctamente, é dicir, se hai diarreas ou vómitos nas dúas horas posteriores á toma da pílula, débese tomar outra.

Aínda que non se chegue a exacular o liquido preseminal pode conter espermatozoides, e aínda que o risco é menor pode habelo. Vai depender de se empregou dende o comezo da relación.

E en relación a que é primeira vez que toma a pilla poscoital, isto non inflúe na eficacia da mesma.

Pola situación que comentas e se se empregou correctamente o preservativo e a pílula a probabilidade de embarazo non desexado é moi pequena, a eficacia nas primeiras 24 horas está entre un 75% e un 95 % (dependendo das fontes que se consulten) e que esta diminúe un 0.5% cada 12 horas.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.