¿Que pasa se es menor de idade e queres interromper o teu embarazo?

¿Que razóns hai que ter para poder interrompelo? ¿E se non llo queres dicir aos teus pais?

25-09-2013

Segundo a lexislación vixente (Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo) tes que ser maior de idade para interromper o embarazo. No caso de mulleres de 16 ou 17 anos poderano facer se van acompañadas polos seus proxenitores ou titores legais. Pero non será necesario naqueles casos en que as menores poidan alegar que comunicarlle a situación ós mesmos poida supoñer violencia, ameazas, malos tratos,.. que terá que ser demostrado cun informe dun especialista (psicólogo/a, psiquiatra, traballador/a social).

A lei tamén establece que a muller non está obrigada a dar ningún motivo para levar a cabo a interrupción voluntaria do embrazo ata a semana 14 de xestación. Mais aló dese período establece criterios médicos para poder levalo a cabo.

A nosa recomendación é que se estás embrazada ou pensas que podes estalo deberías compartilo cas persoas próximas a ti, permítelles demostrarche o seu apoio. Pensa en que persoas coma a túa parella, o teu pai ou nai, os/as teus irmáns, os/as amigos, … poden escoitarche e axudarche. Pode que nun comezo a súa reacción non sexa a que máis che gustaría pero falando con eles e explicándolles o que che pasa e estar a sentir van a axudarche e apoiarche no que necesites e non terás que enfrontarte soa a unha situación así.

Se xa confirmaches o embarazo tes que decidir se queres levalo a cabo ou non, a decisión terá que basearse na túa situación persoal. Debes pedir axuda canto antes por que, aínda que debe ser unha decisión meditada, non deixes pasar moito tempo, tanto de queres seguir adiante co embarazo coma se decides interrompelo.

Podes acudir o Centro de Planificación Familiar de Santiago, e podes chamar directamente para concertar unha cita. Este é un servizo gratuíto que conta cun equipo multidisciplinar ( psicólogo/a, enfermeiro/a, xinecólogo/a,…). Atópase en Santiago na Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572.

Tamén, se queres, podes falar con nós directamente, para iso podes acercarte ou chamarnos ó noso local ó teléfono: 981 87 40 86 en horario de mañá ou deixarnos unha mensaxe no contestador ou no correo electrónico (renacer@asociacion-renacer.org) e logo chamámoste nós, sempre garantindo teu anonimato.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.