Que pasa co 3% restante?
Os preservativos só son eficaces de se usan ben o 97%, pero que pasa co 3% restante?
25-09-2013
Os métodos anticonceptivos non son eficaces ó 100% para previr os embarazos. Estes teñen unha eficacia teórica (a que se consegue cando se emprega o método de maneira perfecta, sen cometer ningún fallo) e unha eficacia práctica (a que se consegue no “día a día”, tendo en conta que se poden cometer fallos á hora de empregar o método). Segundo as guías oficiais o preservativo ten unha taxa teórica de embarazos imprevistos de 2 (segundo a fonte pode variar esta cifra). É dicir, que de 100 parellas que o usen ó longo do ano, 2 quedaranse embrazadas. Sen embargo, é mais importante que saibas que a eficacia práctica é menor. A taxa de embarazos imprevistos é de 15, é dicir, que de 100 parellas que empreguen o preservativo nun ano, 15 quedaranse embarazas por ter algún problema ó usalo: que se rompa, que non se poña a tempo, … Para reducir esta taxa é importante empregar o preservativo de xeito correcto.
Para reducir a taxa de eficacia teórica, debida a defectos de fabricación (o 3% que mencionas), a alternativa é o dobre método, que consiste no uso do preservativo por parte do home e dun método de eficacia alta na muller (como poden ser os métodos hormonais: pílula, parche, anel ou implante), así conséguese unha eficacia moi elevada asociada tanto a prevención de embarazos non desexados como á protección fronte ás ITS e o VIH/SIDA.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.