Duda

O flumil inflúe na píldora?

25-08-2015

Principio activo do Flumil é acetilcisteína, e esta non se atopa na lista que manexamos de interaccións máis frecuentes ca toma de anticonceptivos hormonais, así que nun principio non debería influír. Pero recomendámosche que ante o inicio de calquera tratamento farmacolóxico é necesario que o médico/a coñeza que estamos a tomar anticonceptivos orais por posibles interaccións e nós neste campo temos un coñecemento limitado xa que nós somos psicólogas.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas