Dubida

Hola,o liquido preseminal proven das glandulas de cowper e o esperma das vesiculas seminais,enton a unica maneira de qe unha muller quede embarazada facendo a marcha atras e sin exaculacion dentro da vaxina e que o home teña unha exaculacion e os restos de esperma queden dentro da uretra e ao cabo do rato teña unha segunda exCulacion e o liquido preseminal se mezcle con espermatozoides que quedaron na uretra previamente non?

25-05-2015

Vemos que aproveitaches moi ben as clases de bioloxía, pero como ti mesmo/a dis colle a posibilidade de que haxa restos de esperma na uretra, conduto polo que inevitablemente van pasar tanto o líquido preseminal como o propio semen.

Entón paga a pena arriscarse innecesariamente?

As Glándulas de Cowper atópanse debaixo da próstata hai dúas glándulas pequenas que durante a excitación sexual segregan un líquido transparente e alcalino na uretra, moitas veces una pequena gota deste líquido pode ser visible antes de producirse a exaculación. Non se pode excluír totalmente que esta gota non conteña algúns espermatozoides soltos, así se explicarían, aínda que son raros, os casos de embarazo sen exaculación de semen.

O semen exaculado componse de espermatozoides e das secrecións dos epidídimos, das vesículas seminais, da próstata e das glándulas bulbouretrales (glándulas de Cowper).

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.