Dubida

Se unha rapaza esta obulando e manten relacions sexuais sen que o home remate dentro,e 100% qe poida quedar embarazada?

25-05-2015

Nós non podemos asegurarvos con esa fiabilidade do 100% que estando no seu ciclo de ovulación quede embarazada, para quitarvos de dúbidas o máis acertado será facer unha proba de embarazo.

Os días máis fértiles de cada muller son os da metade do mesmo; isto é, aproximadamente os comprendidos entre o día 11º dende o comezo da regra ata seis ou nove días máis tarde, cara o 17º dende o inicio da regra. Débese ter en conta que a ovulación é cada mes nova e pode ser totalmente diferente dun mes a outro e por iso os tempos non son exactos en bioloxía.

A vida media do ovocito humano, do coñecido popularmente por óvulo polas mulleres, é de tan só unhas doce horas aproximadamente, pero sen embargo os espermatozoides exaculados no interior da vaxina dunha muller poden sobrevivir en perfectas condicións de mobilidade, en diferentes tramos de dito aparato xenital, ata seis ou sete días despois. (Lembrade que o líquido preseminal xa contén espermatozoides)

A consecuencia directa é que se debe ter precaución cos tempos e non tomalos como exactos ou definitivos no tema de evitalo embarazo; é sempre preferible utilizar un adecuado método contraceptivo con alta eficacia.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.