Crise dunha relación

Ola María, eu queríache preguntar e quero, senón é molestia, se me podes dar unha serie de consellos. Eu estes últimos días noto raro ao meu noivo, falei co e díxome que me quería pero que se notaba raro e que tiña medo a facerme dano, por que era consciente de que non sentía o mesmo como o primeiro día. Decidimos esperar un tempo pero o ségueme dicindo que me quere e non me quita da foto do whatsapp e así …. E non sei como tomalo.

25-02-2015

Antes de nada desculpas pola tardanza, pero non foi posible responder antes, Ademais non é molestia, se podemos axudarche para nós é un gusto e parte do noso traballo.

A cuestión que planteas non ten unha resposta concreta. O mellor consello que podemos darche é que fales ca túa parella, dicirlle as túas dúbidas e medos e o que che está pasar. Tamén tes que ter en conta que ás veces nas relacións os sentimentos dun dos membros da parella poden cambiar, sen que sexa algo planeado ou voluntario ou mesmo que nun determinado momento alguén poida dubidar dos propios sentimentos. Nestes casos, ó único que pode facer a outra persoa e darlle o espazo que necesita para reflexionar e aclararse con respecto o que sinte, non é fácil, sobre todo cando se está segura dos propios.

Non é unha situación fácil, pero con dialogo entre vos pódese levar algo mellor, e aínda que pola túa parte podes ter claro que sentes e esperas da relación tes que respectar que a outra persoa poida ter algunha dúbida, polo debes deixarlle o espazo que necesita para aclarar os seus sentimentos.

Non sei se estás palabras se serven de consolo, pero por este medio é complicado responder a algo como que plantexas. De todos os xeitos, se o necesitas podes volver a poñerte en contacto connosco, para esta ou calquera outra cuestión.