Se tomas a pastilla do día despois segues tendo posibilidades de quedar embarazada?

24-11-2013

O tratamento poscoital impide a ovulación se esta non se produciu, impide que o óvulo aniñe no útero no caso de que fora fecundado. Obviamente, desta maneira impídese que comece ou embarazo.

A eficacia vai depender do momento do ciclo menstrual no que se atope a muller e do lapso de tempo dende a práctica sexual ata a súa toma. Débese tomar dentro das 72 horas (3 días) seguintes á relación de risco, tendo en conta que a eficacia vai diminuíndo a medida que van avanzando as 72 horas; canto antes de tome o tratamento, máis efectivo é. Estímase que dentro das primeiras 24 horas ten unha eficacia entre o 75% e o 95% (vai depender das fontes que se consulten) e que esta diminúe un 0.5% cada 12 horas.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.