Se mantendo relacións sexuais rompéseche o condón pero el non se correra, podes quedar embarazada?

24-11-2013

O risco de embarazo vai depender de se empregachedes correctamente o preservativo e dende o comezo da relación, xa que antes da exaculación o home segrega o liquido preseminal.

Este é unha secreción das glándulas de Cowper, producida para a limpeza e lubricación da uretra antes da exaculación no home. É coma un líquido transparente e de consistencia viscosa que aparece no orificio do pene durante a excitación, e a medida que esta excitación aumenta, maior será a cantidade de líquido preexaculatorio, especialmente en momentos previos a que ocorra a exaculación. O líquido preseminal pode conter espermatozoides, aínda que en menor cantidade que nunha exaculación, pero non debemos esquecer só fai falla un espermatozoide para que se fecunde un óvulo.

O preservativo débese empregar dende o comezo da relación e seguindo as instrucións de xeito correcto para que sexa efectivo. Polo que se o empregachedes correctamente non existe risco de embrazo.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.