Dúbida de embarazo

Ola, a miña dubida é: fai uns días tiven xogos ca miña moza, e introducinlle o pene sen protección pero non cheguei a exacular dentro. Ela toma desde fai dous meses a píldora anticonceptiva, e agora esta coas pastillas brancas e aínda non lle baixou, poderá estar embarazada?

24-08-2015

A eficacia da píldora está entre un 95-97% (dependendo das fontes consultadas) se esta se toma dun xeito correcto. É dicir, todos os días a mesma hora e se se producen vómitos ou diarrea nas horas seguintes volver a tomar outra pastilla. Esta eficacia non varía na denominada semana de descanso, que supoño que ó que te refires cando dis que toma a pastillas brancas. Así que non tes motivos para preocuparte, aínda que houbera exaculación.

Lembrar que a píldora anticonceptiva só nos protexe de embarazos non desexados, non de ITS ou VIH-SIDA. O preservativo é o único método que da unha protección total. De feito moitas parellas optan polo denominado dobre método, que é o uso de píldora anticonceptiva e preservativo ó tempo para garantir unha protección más ampla.

En canto o retraso na regra, a píldora anticonceptiva cambia os sangrados menstruais, pódese producir unha diminución do fluxo menstrual e unha menor duración (mesmo nalgunha mulleres pode desaparecer) ou que mude a aparencia (pode volverse dunha cor máis escura).

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.