Dubida de embarazo
Hola maria e dificil quedar embarazada sen corresrse dentro?
24-05-2015
Non é posible dar unha resposta concreta por que a única maneira de confirmar un embarazo é mediante unha proba específica.
Aínda que non exaculara dentro da vaxina, pode haber de risco de embarazo, xa que antes da exaculación o home segrega o líquido preseminal e pode conter espermatozoides.
Este é unha secreción das glándulas de Cowper, producida para a limpeza e lubricación da uretra antes da exaculación no home. É coma un líquido transparente e de consistencia viscosa que aparece no orificio do pene durante a excitación, e a medida que esta excitación aumenta, maior será a cantidade de líquido preexaculatorio, especialmente en momentos previos a que ocorra a exaculación. O líquido preseminal pode conter espermatozoides, aínda que en menor cantidade que nunha exaculación, pero non debemos esquecer só fai falla un espermatozoide para que se fecunde un óvulo.
Ademais, se hai exaculación na zona xenital (entrada da vaxina) si que pode existir risco de embarazo non desexado ou dunha infección de transmisión sexual, aínda que a probabilidade é menor que nunha relación sexual con penetración e sen protección, xa que existe posibilidade de que o seme se introduza na vaxina.
Sería recomendable que considerarades introducir o preservativo nas vosas relacións sexuais se queredes gozar doutras prácticas sexuais, sen que supoña un risco para a saúde.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.