Pódese sangrar durante a penetracion sen ser virxe?
bueno pues me paso eso, estaba con mi novio teniendo relaciones sexuales, y despues de la penetracion , me di cuenta de que sangre un poco, yo no era virgen, y no tenia la regla ya que se me fue una semana antes. que sera? ayuda porfavor
gracias
24-03-2012
Moitas mulleres sofren sangrados durante as relacións sexuais, ben durante as mesmas ou despois delas.
Existen múltiples causas que poidan causar sangrado, entre elas que a rapaza non estea suficientemente excitada, o que provoca que a mucosa vaxinal esta seca e a vaxina non dilate o suficiente o que pode provocar microlesións con sangrado. Tamén as relacións sexuais bruscas que poden lesionar a sempre fráxil mucosa da vaxina. Por isto é importante que á hora de manter unha relación con penetración non estar nerviosa, xa que os músculos da vaxina estrarán contraídos e os labios menores segregarán menos fluxo vaxinal o que poden dificultar a penetración e provocar pequenos sangrados.
Canta máis confianza e comodidade se ten na parella, máis relaxada estará e así os músculos da vaxina dilataranse. Ademais é importante falalo ca parella, para conseguir entre ambos unha boa excitación e que así os músculos da vaxina se dilaten. Unha forma de conseguilo e relaxarse, deixarse levar pólas sensacións e o pracer (que non só nolo dá a penetración), xogar ca parella. Todo o noso corpo nos pode procurar pracer.
O sexo non debe reducirse só o coito, e moito menos se son os primeiros acercamentos ó sexo que se teña. A relación con penetración é unha forma máis de comunicación sexual e afectiva da parella, pero nin é a máis importante nin a única.
Tamén é fundamental sentir liberdade para elixir o momento e a persoa coa que o queres facer. O sangrado, e ás veces a dor, tamén pode indicar que o estás facendo por presión, temor a perder á parella, ou por “encaixar” co que fan o grupo de amigas/os. En todo caso pensa que as molestias poden ir desaparecendo nas seguintes relacións, e en canto te sintas relaxada e cómoda.
Tamén pode ocorrer que aínda que xa se tiveran relación sexuais con penetración con anterioridade pode ser que o hime non rompera. Xa que o hime é unha membrana moi fina e flexible que “pecha” parcialmente o orificio vaxinal que pode romper na primeira relación con penetración ou non.
Se o sangrado persiste é necesario unha exploración xinecolóxica directa da zona para saber como está e ver se existen problemas locais que xustifiquen o problema, xa que outras posibles causas poden ser pequenas lesións (xeralmente benignas), posibles infeccións, ou problemas hormonais. E así poder detectalos e corrixilos.
Se por algunha razón te atopas con dificultades para ir a un xinecólogo/a en Santiago de Compostela existe un centro de Planificación familiar, onde a atención é gratuíta. O enderezo é: Rúa Londres, 2 (Fontiñas- detrás da Cruz Vermella) e o teléfono é o: 981 57 75 72.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.