Duda importante
Ola María, son a do outro dia a que che comentou sobre os antibióticos, onte fíxeno co meu mozo pero usamos preservativo. Eu agora estou preocupada por que como xa che comentei empecei con antibiótico o xoves pasado e ese mesmo sábado de esa semana xogamos e penetrou sen preservativo por uns 3 minutos, ti cres que hai posibilidades de que quedara embarazada?
23-12-2014
Antes de nada desculpas pola tardanza, pero non foi posible responder antes.
En relación o que preguntas, a toma de determinados antibióticos reduce a efecacia da píldora anticonceptiva, pero non significa que non teña efectividade, senón que esta é algo máis baixa. Ademais a práctica de risco que comentas, penetración sen protección, durante un período tan curto de tempo fai bastante improbable que se producira un embrazo on desexado. Polo tanto, deberías tranquilizarte e seguir tomado a píldora segundo o establecido.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.