As vacinas son iguais para as virxes e as non virxes?. É dicir, que aínda que o sexas ou non todas levan a mesma vacina e non as cambian.
23-12-2013
A vacina é a mesma independentemente de si xa se tiveron ou non relacións sexuais con penetración.
A vacina é un tratamento preventivo para os catro tipos de virus responsables da maior parte das enfermidades asociadas ó virus do papiloma humano (VPH) e está indicada para inmunizar ás adolescentes de 9 a 15 anos e adultas de 16 a 26 anos.
A súa efectividade demostrouse en mulleres que non estiveron expostas a ningún dos tipos de VPH, por este motivo recoméndase vacinar ás rapazas antes da súa primeira relación sexual. Sen embargo, se a muller estivo exposta a algún dos catro tipos de virus a vacina protexeraa de aquel que non a infectara. Tamén, hai que ter en conta que, se unha persoa que contrae o VPH non significa que acabe tendo cancro, pero si que ten maiores probabilidades de contraelo nun futuro.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.