Teño unha dúbida

Tiven relacións co meu mozo o condón estaba ben pero cando acabou o condón estaba un pouco máis subido do normal e tiven medo de que saíra algo por fora e tomei a pastilla do día despois. Foi a primeira vez que a tomei, e a min a regra tenme que vir sobre o 27 deste mes, inflúe algo que sangre antes de que me veña a menstruación?

23-12-2013

Nos días posteriores á toma da pílula do día despois é posible que apareza un sangrado vaxinal. Tamén pode presentarse coincidindo coa seguinte menstruación. Se non se presenta a menstruación na data esperada deberías realizar un test de embarazo, para isto podes acudir ao teu médico/a ou mercalo unha farmacia. Outros efectos secundarios que poden aparecer son náuseas, dores de cabeza e desaxustes menstruais.

En relación, o que comentas de que o preservativo “ subiu” non tiña por que supoñer risco de embarazo (se este se colocou correctamente e se empregou durante durante toda a relación) xa que o seme queda no depósito destinado para tal fin e ó quedar “pegado” no pene non hai posibilidade de que saia do preservativo (a menos que o preservativo se movera o bastante como que o seme saia fora como ocorre cando se perde a erección dentro da vaxina).

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.