É san retrasar a regra con anticonceptivos hormonais?
23-12-2013
Cos anticonceptivos hormonais pódese modificar os ciclos menstruais da muller, xeralmente o que se soe facer é cando se están empregandonon facer ou reducir a semana de descanso e comezar cun novo envase. De todos os xeitos nos prospectos dos mesmos ven información de cómo facelo.
Se o retraso é algo puntual non supón ningún problema, pero pódese experimentar manchado (gotas ou manchas de sangue) ou sangrado irregular. Non se recomenda que esta sexa unha práctica habitual nin tampouco que só se empreguen para esta circunstancia nun momento determinado.
Lembra que á hora empregar calquera método anticonceptivo hormonal é necesaria a indicación facultativa dun/ha especialista antes de comezar a empregalo que será quen che indica cal é o método máis apropiado para a o caso, xa que existen varias combinacións hormonais e as vías de administración.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.