Parches evra

María sabes si os parches estes se poden poñer na parte interior e superior da perna? Púxenos esta semana e non sei si a efectividade se verá afectada.

23-11-2015

As indicacións de EVRA din: “debe aplicarse na pel sa e intacta, sen lanuxe, seca e limpa do glúteo, abdome, parte exterior do brazo ou parte superior do torso, nun lugar onde non rozamento coa roupa. EVRA non debe pórse nas mamas nin sobre pel que estea arroibada, irritada ou cortada. Cada parche transdérmico consecutivo debe porse nun sitio diferente da pel a fin de evitar unha posible irritación, aínda que pode porse na mesma zona anatómica”.

A zona que comentas non se atopa entre as indicadas e, ademais, pode verse afectada e eficacia debido ó uso de roupa axustada (pantalóns).

Polo que, deberías usar un método alternativo coma o preservativo (ata sete días despois de comezar cun novo parche) e podes seguir co parche ata rematar esta semana e a seguinte mudalo de sitio. Se desexas cambialo agora de sitio segue as instrucións que aparecen caixa do produto sobre cambios.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.