Rompeume o preservativo e exaculou dentro, que é o que podo facer?
23-11-2013
Ante a rotura do preservativo deberías empregar a pílula do día despois.
O tratamento poscoital impide a ovulación se esta non se produciu, impide que o óvulo aniñe no útero no caso de que fora fecundado. Obviamente, desta maneira impídese que comece ou embarazo.
Debes tomala dentro das 72 horas (3 días) seguintes á relación de risco, tendo en conta que a eficacia vai diminuíndo a medida que van avanzando as 72 horas; canto antes de tome o tratamento, máis efectivo é.
É aconsellable comer antes de tomar a pastilla, xa que contribúe a reducir os posibles efectos secundarios que poden darse.
Se vomitas durante as dúas horas seguintes á inxestión da pastilla, necesita repetir á toma canto antes. Se vomitas despois de tres horas de tomar os comprimidos, non te preocupes, a medicación xa che fixo efecto.
Nos días posteriores á toma é posible que apareza un sangrado vaxinal. Tamén pode presentarse coincidindo coa seguinte menstruación. Tras isto, sería moi recomendable que acudiras a unha revisión xinecolóxica para realizar un control, e recibir asesoramento sobre métodos anticonceptivos. Se non se presenta a menstruación na data esperada debes acudir de novo ao teu médico para realizar un test de embarazo. E se estás tomando anticonceptivos orais tes que continuar tomándoos con normalidade.
Os efectos secundarios son pouco frecuentes, débiles e desaparecen rapidamente. Poden aparecer náuseas, dores de cabeza e desaxustes menstruais.
Hoxe en día dispénsase pola Seguridade Social (de forma gratuíta en Galicia nalgúns Centros de orientación familiar e nalgúns Puntos de Atención Continuada e nas farmacias (sen necesidade de receita médica abonando o seu custe).
Lembra que a pílula do día despois ou postcoital é un tratamento de emerxencia, non é un método anticonceptivo como os existentes no mercado para planificar a nosa vida reprodutiva, nin nos protexe das infeccións de transmisión sexual. O preservativo é o único método que evita ó mesmo tempo os embarazos non desexados e as ITS e o VIH/SIDA.
Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.